Tuesday 07 de May de 2024

O Concello renovará totalmente os parques infantís de Iñás e da Escola infantil da Pardela


O Concello sacou a contratación a obra de renovación e ampliación da área de xogos infantís do parque da Casa do pobo de Iñás e da Escola infantil da Pardela, nos Regos. O investimento nestas actuacións será de 124.358,63 euros.

En ambos casos vanse retirar os actuais xogos para ampliar os parques, renovar o pavimento e instalar novos aparatos. Ademais, no caso de Iñás mellorarase a iluminación e instalaranse dúas mesas.